1936 :
Manfred Gnädinger naceu en Radofzell, unha vila cercana á cidade de Friburgo (Alemania) o 27 de xaneiro de 1936. Era o menor de 7 irmáns.
1950 - 1953 :
Realiza a súa formación como pasteleiro baixo a supervisión do Mestre Pasteleiro Karl Keller no Café Keller.
1957 - 1958 :
Realiza unha serie de prácticas en CáRITAS en Francfort del Meno e traballos no Hospital St. Wendel en Sarrebruck para poder entrar na Escola de Asistente Social.
1959 :
Múdase a Lucerna co fin de conseguir unha praza neses estudos en Friburgo pero é rexeitado por falta de cupo. Primeiras exposicións en Suíza nas localidades de Lucerna e Basilea.
1962
Chega a Camelle.
Primeiro museo no interior da casa alquilada.
Deixa a casa para instalarse no que posteriormente sería o espigón de Camelle. Alí establécese definitivamente e vive en comuñón total coa natureza. Sen electricidade nin auga, mergullándose nas frías augas de Camelle e correndo polos camiños da vila a cotío.
Anos 70 : Comeza a realizar unha obra na que os círculos e as cores básicas son unha parte fundamental.
Anos 80 : A súa obra exténdese por todo o territorio pero na zona da súa vivenda consolídase xa o seu proxecto museístico; o xardín-museo.
Anos 80 : A súa forma de vida radicalízase. Xunto á sua pequena caseta de 5 metros cuadrados cultiva os seus propios alimentos, e no seu interior quéntase coa calor do sol no pequeno solarium da parte superior, e protéxese dos duros ventos, da choiva e das tormentas.
1985 : Construción do espigón. Man intenta impedir por todos os medios a destrución de parte da súa obra, primeiro mediante escritos e despois encarándose directamente ás máquinas.
A súa é unha obra viva en continuo cambio. Man non só mantén vivo o museo; tamén o reconstrúe e o retoca unha e outra vez. Os aparellos e as crebas mestúranse con as pedras e os círculos semellando un grande barco de pedra.
13 Novembro 2002 : Naufraxio do petroleiro Prestige. Tres días despois a marea negra inunda o museo de Man.