re_DSC_0062 MAN, Mar, Arte e natureza, é un proxecto GAC que desenvolve un produto turístico enraizado na comunidade costeira local, en Camelle, mediante a posta en valor e recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, coñecido por todos como Man de Camelle, e que na súa maioría se realizou na contorna do porto desta localidade.

re_DSC_0016 O autor e a súa obra fixeron coñecida no mundo enteiro á vila de Camelle, ata tal punto que é prácticamente imposible atopar na rede información deste lugar na que non se faga referencia a Man, e viceversa. A posta en valor e a recuperación do legado de Man, tamén o é, por extensión do porto de Camelle e a súa contorna, nos que Man non só creou, senón que convertíu no seu fogar e no seu propio proxecto museístico espontáneo.

re_DSC_0024 O traballo que Man realizou ao longo dos anos nas inmediacións do espigón de Camelle quedou debastado por mor do vandalismo e das últimas catástrofes climatolóxicas da zona. A obra que persiste actualmente no xardín-museo, único xardín mariño de esculturas no mundo, non representa o seu estado orixinal; a simulación dixital en 3D do que era esta singular obra ofertaría ao visitante a posibilidade de visionado, a través dos seus aparatos smart, da recuperación do estado ideal das pezas que compoñían este conxunto,e proporcionaría acceso ás súas características a través da realidade aumentada.

re_casa do Alemán Na Casa do Alemán, propiedade do concello, lévase a cabo a musealización de parte da obra de Man, de tal maneira que o visitante pode acceder a un espazo interpretativo desta complexa obra.

re_DSC_0026

Cara esta musealización estudouse a súa obra e estableceuse unha tipoloxía específica para o seu rexistro e catalogación. Despois creouse unha base de datos de consulta pública básica da obra máis característica de Man a través desta páxina web.

re_DSC_0029

Créase unha sinalética específica para mellorar o acceso do turista a zona do porto e a obra de Man.

re_DSC_0065

Nesta páxina web non só se recoñece o produto turístico Man, Mar, Arte, Natureza, senón que ademais permite o establecemento de redes de cooperación a nivel mundial, movidas polo interese que esperta nos cicuítos artísticos a obra de Man.